Universidade de Vigo
Laboratorio de Medidas Radioeléctricas
Inicio

Radio e Sinal

O laboratorio está dotado con equipamento que permite a realización de medidas de RF, en canto a potencia e calidade de sinal, tanto para sinais de televisión como telefonía móbil e outros servizos sen fíos (Bluetooth, WI-FI, WIMAX, ...). Ditas medidas poden ser realizadas en entorno controlado (cámara anecoica) para análise de equipamento en laboratorio.

O laboratorio dispón ademáis dunha unidade móbil de medidas ideal para proporcionar este tipo de servizos en campo (para o caso de servizos xa despregados), resultando deste modo posible á análise de cobertura e xeneración de mapas e informes.