Universidade de Vigo
Laboratorio de Medidas Radioeléctricas

Laboratorio de Medidas Radioeléctricas

O Laboratorio de Medidas Radioeléctricas pertence á Universidade de Vigo e está xestionado polo Grupo de Antenas, Rádar e Comunicacións Ópticas (SC7).

O Laboratorio ten por obxecto realizar ensaios de medidas de antenas, medidas de compatibilidade electromagnética, medidas de sección rádar e medidas electromagnéticas de índole diversa. Paralelamente a estes servizos desenvólvense proxectos de investigación asociados a estas áreas de coñecemento.

Os sectores implicados na líña de actividade deste laboratorio engloban sectores tan diversos e importantes como o das Telecomunicacións, Naval ou Automoción, pasando por aplicacións Rádar.

O LMR é un laboratorio docente e de investigación que presta servizos á comunidade universitaria, centros de investigación e  empresas.

 

Noticias